O Apoio ós medios públicos

Vídeo no que cidadáns, coñecidos e anónimos, apoian os medios públicos de Galicia

Vídeo de Carlos Blanco

Vídeo de Carlos Blanco en defensa dos medios públicos

Lectura do manifesto e Carlos Blanco

Vídeo da lectura do Manifesto e da intervención de Carlos Blanco na manifestación do día 27

Vídeo de Sechu Sende

Vídeo de Sechu Sende defendendo uns medios de comunicación PÚBLICOS

O Apoio de Luís Zahera

Visualiza o vídeo de apoio de Luís Zahera

Asina o manifesto

Asina e difunde o manifesto en defensa da Radio e a Televisión públicas de Galicia

Informativo do Toural

Visualiza os vídeos do acto reivindicativo da Praza do Toural

¡OPINA!

¡Envía os teus artigos de opinión!

Mostrando entradas con la etiqueta artigos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta artigos. Mostrar todas las entradas

3 nov 2011

Colaboración de Suso de Toro.

  "Vivimos un tempo que non imaxinabamos: na vez de mellorar as cousas empeoran e na vez de progresar regresamos. O autogoberno que nos proporcionou a autonomía debera ter servido para transformar Galicia nun país moderno que ofrecese traballo aos seus fillos, non foi así e perdemos  unha ocasión histórica. Con  todo, houbo tamén cousas boas e unha delas foi a Compañía da Radio Televisión Galega, a radio e a tele galega, cos seus acertos e as súas limitacións, son o verdadeiro sistema nervioso do país, a rede que articula a todas as nosas pequenas cidades, vilas, aldeas. Non podemos deixar que, aproveitando que hai crise, nos deixen sen algo tan valioso e tan noso. E por iso temos que apoiar as reivindicacións dos traballadores e traballadoras da nosa RTVG, cando defenden o seu están a defender o de todos."
       
                                                                                                                        Suso de Toro

29 oct 2011

COLABORACIÓN DO PRESIDENTE DA REAL ACADEMIA GALEGA

          "Todo país debe contar con medios de comunicación públicos que, debidamente controlados por representantes do pobo, sirvan para a educación nacional con contidos veraces e científicos. Por parte, estes medios públicos han de servir para ofrecer unha información veraz e obxectiva dos acontecementos locais, nacionais e mundiais, por cima dos intereses partidarios, económicos e grupais en xeral. Estes medios públicos poderán ser canle de difusión de opinión, sempre presentados como tal. Os medios públicos terán a responsabilidade de lles dar voz ás minorías de todo tipo.

         No que se refire a Galicia, os medios de comunicación públicos son especialmente importantes para dotar o noso pobo de conciencia de país e para a consolidación do galego como a lingua común e propia.
            
          Un cordial saúdo aos amigos da CUT e das restantes centrais que compoñen os comités da RTVG e ao comité de interempresas."

Xosé Luís Méndez Ferrín

Comparte

Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More