Traballadores de Tv3 e Catalunya Ràdio promoven unha campaña de sensibilización sobre os medios públicos
[30/11/2011] Un grupo de traballadores de Catalunya Ràdio, de Televisió de Catalunya e da Fundació El Maratón promoven unha campaña de sensibilización social sobre o valor dos medios públicos de comunicación na sociedade.
Con esta fin, crearon a páxina web Tv3teva.cat, en defensa do servizo público de radio e televisión de Cataluña.
Desde esta web pensan recoller adhesións de asociacións cidadás, institucións e particulares . Con este obxectivo redactaron un Manifesto que se pode atopar na web, cun formulario que facilita a súa firma.
Podes ler e a nova na web do Colexio de Xornalistas de Galicia AQUÍ
30 nov 2011
TV3teva, a irmá catalá d´A Galega Pública
13:28
agalegapública