O Apoio ós medios públicos

Vídeo no que cidadáns, coñecidos e anónimos, apoian os medios públicos de Galicia

Vídeo de Carlos Blanco

Vídeo de Carlos Blanco en defensa dos medios públicos

Lectura do manifesto e Carlos Blanco

Vídeo da lectura do Manifesto e da intervención de Carlos Blanco na manifestación do día 27

Vídeo de Sechu Sende

Vídeo de Sechu Sende defendendo uns medios de comunicación PÚBLICOS

O Apoio de Luís Zahera

Visualiza o vídeo de apoio de Luís Zahera

Asina o manifesto

Asina e difunde o manifesto en defensa da Radio e a Televisión públicas de Galicia

Informativo do Toural

Visualiza os vídeos do acto reivindicativo da Praza do Toural

¡OPINA!

¡Envía os teus artigos de opinión!

29 oct 2011

Vídeo de Sechu Sende defendendo uns medios de comunicación PÚBLICOS

Vídeo de Sechu Sende defendendo uns medios de comunicación PÚBLICOS.

Intervención de Carlos Blanco na manifestación do 27 de outubro e comunicado lido polos traballadores

Vídeo da intervención de Carlos Blanco na manifestación do 27 de outubro e comunicado lido polos traballadores


ACTORES, DEPORTISTAS, ESCRITORES E CIDADÁNS ANÓNIMOS APOIAN OS MEDIOS PÚBLICOS

Vídeo no que cidadáns, coñecidos e anónimos, apoian os medios públicos de Galicia.

Clik aquí para ver en YouTube.

COLABORACIÓN DO PRESIDENTE DA REAL ACADEMIA GALEGA

          "Todo país debe contar con medios de comunicación públicos que, debidamente controlados por representantes do pobo, sirvan para a educación nacional con contidos veraces e científicos. Por parte, estes medios públicos han de servir para ofrecer unha información veraz e obxectiva dos acontecementos locais, nacionais e mundiais, por cima dos intereses partidarios, económicos e grupais en xeral. Estes medios públicos poderán ser canle de difusión de opinión, sempre presentados como tal. Os medios públicos terán a responsabilidade de lles dar voz ás minorías de todo tipo.

         No que se refire a Galicia, os medios de comunicación públicos son especialmente importantes para dotar o noso pobo de conciencia de país e para a consolidación do galego como a lingua común e propia.
            
          Un cordial saúdo aos amigos da CUT e das restantes centrais que compoñen os comités da RTVG e ao comité de interempresas."

Xosé Luís Méndez Ferrín

28 oct 2011

Vídeo de apoio de Luís Zahera

Luís Zahera mandóunos un vídeo de apoio á CRTVG

Máis imaxes da manifestación do 27 de outubro

Outro vídeo da manifestación do 27 de outubro

Imaxes da manifestación do 27 de outubro

Vídeo das reivindicacións do 27 de outubro

27 oct 2011

Vídeo da manifestación do día 10 de Outubro.

Imaxes da manifestación da CRTVG na xornada de folga do día 10 de outubro

26 oct 2011

Quen Somos?

Somos un grupo de traballadores e traballadoras que defendemos o carácter público da Compañía da Radio e da Televisión de Galicia.

Dedicámosnos ao xornalismo, á realización de programas de entretemento e de divulgación. Somos especialistas en produción, realización, son, iluminación, maquillaxe, informática… Sabemos facer televisión e radio, pero queremos facela doutra forma.

Queremos que a maior parte dos galegos e galegas se sinta orgullosa dos seus medios públicos. Nin excluidos, nin ridiculizados. Partícipes, cómplices e críticos. Que poidan dicir: "paga a pena investir neles".

Neste espazo imos propoñer ideas para o debate e estratexias para a acción. Abrir unha canle á sociedade para reflexionarmos xuntos sobre o presente e o futuro dos medios públicos. E mudalos de vez.

21 oct 2011

XOVES 27 DE OUTUBRO

Ás 20,30 horas-. MANIFESTACIÓN  en Compostela Por unha radiotelevisión pública ao servizo de Galicia". Sairá da Praza Roxa e rematará na Praza de Cervantes.

MÉRCORES 26 DE OUTUBRO

Ás 16 horas  Concentración pola liberdade de expresión e contra as represalias na CRTVG.  Faise diante do PArlamento galego que a esa hora (previsiblemente) aborda unha pregunta do BNG sobre as represalias contra Alfonso Hermida e Ana Pérez por parte da Dirección da TVG.  Se o asunto se tratase antes na Cámara, adiantaríase a concentración.

MARTES 25 DE OUTUBRO

Pleno do Consello de Administración da CRTVG ás 11h.  Os traballadores e traballadoras están convocados a unha concentración no interior das instalacións de San Marcos, de 12,20 ás 12,30 horas. 

LUNS 24 DE OUTUBRO


Concentración diante do Parlamento galego ás 12:30H da mañá. Reúnese a Comisión que vota as emendas presentadas  ao proxecto de lei de reforma da CRTVG.

18 oct 2011

Vídeos dos actos reivindicativos na Praza do Toural o día da Folga.

INFORMATIVO REIVINDICATIVO DOS TRABALLADORES DA CRTVG DURANTE A XORNADA DEFOLGA EN CONTRA DA REFORMA DE LEI DOS MEDIOS PÚBLICOS GALEGOS. VÍDEO 1.






INFORMATIVO REIVINDICATIVO DOS TRABALLADORES DA CRTVG DURANTE A XORNADA DE FOLGA EN CONTRA DA REFORMA DE LEI DOS MEDIOS PÚBLICOS GALEGOS. VÍDEO 2.


10 oct 2011

Luns 10 de Outubro.

Ás 09,30 concentración diante do Parlamento de Galicia. Ás 19,00 acto reivindicativo na praza do Toural de Santiago de Compostela.

Comparte

Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More