Quen somos?

Somos un grupo de traballadores e traballadoras que defendemos o carácter público da Compañía da Radio e da Televisión de Galicia.


Dedicámosnos ao xornalismo, á realización de programas de entretemento e de divulgación. Somos especialistas en produción, realización, son, iluminación, maquillaxe, informática… Sabemos facer televisión e radio, pero queremos facela doutra forma.

Queremos que a maior parte dos galegos e galegas se sinta orgullosa dos seus medios públicos. Nin excluidos, nin ridiculizados. Partícipes, cómplices e críticos. Que poidan dicir: "paga a pena investir neles".

Neste espazo imos propoñer ideas para o debate e estratexias para a acción. Abrir unha canle á sociedade para reflexionarmos xuntos sobre o presente e o futuro dos medios públicos. E mudalos de vez.

Comparte

Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More