3 nov 2011

Colaboración de Suso de Toro.

  "Vivimos un tempo que non imaxinabamos: na vez de mellorar as cousas empeoran e na vez de progresar regresamos. O autogoberno que nos proporcionou a autonomía debera ter servido para transformar Galicia nun país moderno que ofrecese traballo aos seus fillos, non foi así e perdemos  unha ocasión histórica. Con  todo, houbo tamén cousas boas e unha delas foi a Compañía da Radio Televisión Galega, a radio e a tele galega, cos seus acertos e as súas limitacións, son o verdadeiro sistema nervioso do país, a rede que articula a todas as nosas pequenas cidades, vilas, aldeas. Non podemos deixar que, aproveitando que hai crise, nos deixen sen algo tan valioso e tan noso. E por iso temos que apoiar as reivindicacións dos traballadores e traballadoras da nosa RTVG, cando defenden o seu están a defender o de todos."
       
                                                                                                                        Suso de Toro

Comparte

Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More