Somos un grupo de traballadores e traballadoras que defendemos o carácter público da Compañía da Radio e da Televisión de Galicia.
Dedicámosnos ao xornalismo, á realización de programas de entretemento e de divulgación. Somos especialistas en produción, realización, son, iluminación, maquillaxe, informática… Sabemos facer televisión e radio, pero queremos facela doutra forma.
Queremos que a maior parte dos galegos e galegas se sinta orgullosa dos seus medios públicos. Nin excluidos, nin ridiculizados. Partícipes, cómplices e críticos. Que poidan dicir: "paga a pena investir neles".