29 oct 2011

COLABORACIÓN DO PRESIDENTE DA REAL ACADEMIA GALEGA

          "Todo país debe contar con medios de comunicación públicos que, debidamente controlados por representantes do pobo, sirvan para a educación nacional con contidos veraces e científicos. Por parte, estes medios públicos han de servir para ofrecer unha información veraz e obxectiva dos acontecementos locais, nacionais e mundiais, por cima dos intereses partidarios, económicos e grupais en xeral. Estes medios públicos poderán ser canle de difusión de opinión, sempre presentados como tal. Os medios públicos terán a responsabilidade de lles dar voz ás minorías de todo tipo.

         No que se refire a Galicia, os medios de comunicación públicos son especialmente importantes para dotar o noso pobo de conciencia de país e para a consolidación do galego como a lingua común e propia.
            
          Un cordial saúdo aos amigos da CUT e das restantes centrais que compoñen os comités da RTVG e ao comité de interempresas."

Xosé Luís Méndez Ferrín

Comparte

Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More